A crise do leite

José Rodríguez Cabeza DENDE FÓRA

BARBANZA

Titulares deste xornal. 15/03/2016: «La UE intenta frenar la sangría del sector lácteo por la puerta de atrás. Se podrán pactar recortes de producción, pero no se subirá el precio de intervención». 16/03/2016: «Un tercio de las granjas cerrarán si se les obliga a reducir la producción láctea». 17/03/2016: «La inminente entrada en vigor de la Lei do Solo inquieta a los ganaderos». Case non fai falla ler o seu contido para decatarse de que o sector está moribundo e pretender mantelo artificialmente na UCI con subvencións públicas é unha irresponsabilidade.

Estaba eu tomando un piscolabis en comandita cando na conversa xurdiu o tema da calidade dalgúns produtos galegos, como é o caso dos mexillóns, pero cando lles falei do noso leite e do queixo de tetilla ninguén tiña referencia algunha deles, así que metín polo medio a vitela cando un dos presentes dixo que non entendía que se lle fixera tanta propaganda a unha carne que, incluso sen D.O.P., había nas carnicerías de aquí de procedencia non galaica, máis saborosas e con menor custo.

Entón, dándolles a razón, metín na conversa o lacón con grelos. ¡Quedei abraiado tanto da opinión como do coñecemento que tiñan deste prato! Logo fixen unha sondaxe sobor da posibilidade de mercar tenreira, criada como Deus manda e eu coñezo, tanto por metades como por cuartos para conxelar como é costume en Galicia e un dos presentes díxome que, sendo así, el podía agrupar ata corenta persoas para facer un grupo de compra deste e doutros produtos galaicos. Para que logo se diga que non hai alternativas. O que non hai é mercadoría competitiva.