1. O seu mellor momento para a lectura. A noite.
2. Criterios que segue para a escolla dun libro. A temática.
3. Que lle achega a lectura? Quero que me amose algo; algunha realidade que me pase desapercibida.
4. Os seus libros favoritos. Don Quijote (Cervantes), Ulises (James Joyce), Baixo o volcán (Malcolm Lowry), O castelo (Kafka), Na busca do tempo perdido (Marcel Proust), Warlock (Oackley Hall)...
5. Un xénero literario. O misterio.
6. Un personaxe e un espazo literario. Lord Jim.
7. Que está a ler agora? El trono maldito, de José Luis Corral e Antonio Piñeiro Sáenz.
8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Eduardo Blanco Amor, en galego; noutra lingua, Lovecraft.
9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? O taekuondo.
10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. O faro de Corrubedo.