Manuel Vidal Bello

La Voz

BARBANZA

1. O seu mellor momento para a lectura. Despois de comer ou antes de ir durmir.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Primeiro, o título. Se me chama a atención, miro o xénero

3. Que lle achega a lectura? Vou creando un mundo, único, ao meu xeito, cos materiais que me dá o libro.

4. Os seus libros favoritos. Ollos de auga, de D. Villar; El ocupante, de Á. Burgas; Extramunde, de X. Queipo; Los armarios negros, de J. M. Gisbert.

5. Un xénero literario. O de aventuras. e a poesía.

6. Un personaxe e un espazo literario. O protagonista de Un descenso al Maelström, de Poe, cando está caendo no mar.

7. Que está a ler agora? Vou empezar Los exiliados del zar, de M. Honaker.

8. Un autor galego e outro noutra lingua. Rosalía de Castro e E. Allan Poe.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? A música. Ás veces, compaxinada coa lectura.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. As vistas dende a Pedra da Rá: as lagoas, as dunas, Corrubedo, Carreira e Aguiño.