«Nos programas hai palabras bonitas, pero o importante é levalos a cabo»

BARBANZA

Encabeza a lista do PSOE en Outes para intentar que as cousas cambien

14 may 2015 . Actualizado a las 05:05 h.

O frenesí da campaña electoral pillouno un pouco por sorpresa, ata o punto de que recoñece que nunca usou tanto o teléfono como agora. É o prezo que paga Julio Fernández (Santiago, 1957) por dar un paso adiante para intentar que algo cambie en Outes tralo día 24.

-¿Que foi o que o levou a involucrarse no proxecto do PSOE?

-Foi un pouco a insistencia da xente, que me contaba que estaba farta de non atopar solución aos seus problemas e pensei que igual podía axudar desde o Concello.

-¿Cal é o principal problema de Outes?

-A inmobilidade que está sufrindo, lévase moito tempo así. É unha mágoa que a xente teña que emigrar do seu pobo porque non se lles dá unha saída. Necesítase unha forza nova para arrancar de novo.

-¿Que propoñen vostedes?

-Temos sitios preciosos que están aquí e que ninguén coñece, hai que promocionalos. Tamén elaboramos un programa de emprego. Nos programas hai moitas palabras bonitas, pero o importante é levalos a cabo. A miña ambición, se mo permiten os veciños, é executar o 100% das nosas propostas.

-¿Cre que a xente pide un cambio?

-Eu traballei en moitos concellos e en todos acaban xurdindo os alcaldes «si, si», que din a todo que si e logo non fan nada. O método foi dando os seus froitos, pero espero que iso cambie.

Un libro: O mundo perdido

Unha película: Titanic

Un espazo: O Tremouzo

Un político: Adolfo Suárez

Unha cidade: Oviedo e Santander

Unha comida: Empanada de miña sogra

Un deporte: Natación

Un personaxe histórico: Lutero 

Unha canción: Un velero llamado libertad, de Serrat

Un desexo: A erradicación total da corrupción na política