-Di que o turismo é o principal medio de vida de Porto do Son, ¿cales cre que son os seus atractivos, ademais das praias?
-Pero todo iso hai que dalo a coñecer...
-En canto ás praias, ten mencionado algunha vez que queren facer unha aposta para aproveitar o potencial turístico do surf...
-¿De que maneira?
Ao alcalde sonense éncheselle a boca cando fala do seu municipio, e recoñece sentirse orgulloso sempre que alguén se achega a el para comentarlle anécdotas sobre a súa estancia no municipio ou o positiva que foi a súa experiencia. Esa, asegura, é a mellor publicidade para Porto do Son.
-Porto do Son é un lugar singular, conserva as casas mariñeiras, as rúas estreitas, a xente é moi amable e os que veñen por aquí séntense coma un sonense máis. Temos tamén os nosos montes, o patrimonio, non só o castro de Baroña, tamén os petróglifos coma os da Garita, e a gastronomía. Aquí chegan os barcos co peixe e en media hora está no mercado. Iso é un luxo. E o máis importante é que a xente aquí vaise sentir na súa propia casa.
-A mellor publicidade que temos nós é o boca a boca. A xente que vén, cando marcha leva algo do Son consigo e acaba repetindo. Sempre hai alguén que ten unha anécdota ou que oíu falar moi ben do noso concello e iso a min persoalmente éncheme de orgullo.
-Temos 27 quilómetros de costa e algunhas das nosas praias, como As Furnas, Boca do Río ou Arealonga, son idóneas para a práctica do surf e iso estase poñendo en valor. Os entendidos din que aquí hai unha onda moi boa que permite surfear todo o ano. Estamos volcados con iso e en todo o que sexa o deporte. Vaise disputar a terceira edición da carreira Sin-Son e estamos potenciando as actividades deportivas.
-Por exemplo, a través das escolas deportivas municipais, que teñen unha ampla oferta, e colaborando na medida do posible con todos os clubs e entidades.