O mestre que chegou ás entrañas da obra de Rosalía de Castro

Raquel iglesias RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Torrado imparte clases de inglés no instituto A Cachada de Boiro<span lang= es-es >. </span>
Torrado imparte clases de inglés no instituto A Cachada de Boiro. Mónica Ferreirós< / span>

Ramón Torrado atopou un poema en galego inédito da autora de Padrón

21 ene 2014 . Actualizado a las 18:02 h.

Coma un fan de Queen á entrada dun dos seus concertos. Así é como se sente Ramón Torrado cando lee os versos de Rosalía de Castro. Confésase un namorado da obra da poetisa que tanto loitou por esta terra e aínda ten que rebeliscarse cando o felicitan pola súa última contribución á cultura galega. Este mestre rianxeiro publicou un dos poemas inéditos da autora padronesa en Casa da Gramática, unha revista escolar que naceu hai moitos anos pero que, polo que parece, ten aínda moito camiño por percorrer. Son os alumnos e os mestres, coa colaboración de estudosos e escritores, os que lle dan valor.

A Real Academia Galega fai mención desta publicación no seu portal web para aclarar que foi nas súas páxinas onde se difundiu por primeira vez o texto Dinche o corazón na man, rectificando así o exposto o xoves da semana pasada, cando presentou como inéditas esta e outras obras de Rosalía de Castro, escritas en galego e castelán.

Asegura Torrado que o secretario da RAG, Henrique Monteagudo, chamouno para felicitalo polo seu traballo de investigación e tamén para desculparse por ignorar, sen querelo, este contido de incalculable valor que se difundiu por primeira vez da man de Casa da Gramática. Tamén se ofreceu a colaborar co seu traballo e valorou a posibilidade de presentar o poema en Noia.

Anos na emigración

Este mestre rianxeiro que agora se sente nunha nube pola expectación que espertou o seu descubrimento, imparte clases de inglés no instituto A Cachada de Boiro, se ben podía dar leccións maxistrais sobre a literatura galega. Coñece ben o que é a emigración, e cando só era un rapaz marchou a Newark. En 1985 volveu para quedar e non é capaz de recordar o ano no que comezou a namorarse de Rosalía e a mergullarse na súa obra. «Foi o 11 de agosto de 1998 cando atopei o poema no Arquivo de A Coruña. Estaba xunto a algunhas cousas de Manuel Murguía, como unha pluma Waterman. Non sabía que esta marca era tan antiga nin que o texto de Rosalía era descoñecido. Non era tan difícil de atopar», sinala o estudoso.

Desde aquel intre, o seu interese por saber dos versos da poetisa foi a máis e entre os seus proxectos está o de elaborar un estudo dunhas cen páxinas sobre ela. Foi a editorial Toxosoutos a que lle encargou este cometido. Torrado xa escribiu unha novela que leva por título O lume asolador das paixóns, aínda que lamenta que non tivo o recoñecemento que lle gustaría.