Mistos cheos de intereses


OBarbanza é unha península bañada polo Atlántico, cun clima oceánico e unha tendencia moi húmida. Aínda así sucede o mesmo todos os anos. Os incendios levántanse polos nosos montes, queiman e destrúen, pero aínda así non aprendemos dun ano para outro. Un amigo andaluz expúxomo claramente: «¿Cómo puede ser que en Galicia haya incendios todos los años con lo que llueve y lo húmedo que es eso?». Efectivamente, en Andalucía e outras rexións de España que non teñen nin a terceira parte das precipitacións que temos aquí nin se acercan aos niveis dos nosos incendios. E este problema nada ten que ver coa climatoloxía, senón cos intereses económicos e a corrupción do noso sistema. Respondinlle ao meu amigo que as políticas de xestión en Galicia, coma noutros países do terceiro mundo, promoveron estratexias forestais e ambientais para que uns poucos fixeran cartos en pouco tempo. Sen importarlles que o monte -o noso monte- sexa un patrimonio de todos... Unha riqueza que pensando a medio prazo (isto en política é imposible) garanta o benestar da sociedade. Ao meu amigo andaluz reveleille que no Barbanza non hai incendios cando hai bo tempo ou temos miles de turistas que gozan coas nosas praias escapando do calor sufocante do Levante. ¡Non! Non depende diso, nin dunha ola de calor, só depende das previsións de vento do norte. Que cando chega, os mistos dos intereses préndense, sobre todo a noite, para facer incontrolable o lume, en parte porque a vexetación da maioría das fincas una vez prendida é incontrolable.

Por Xurxo Gago Presidente de Axena

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Mistos cheos de intereses