Gargalladas contra a corrupción

Marta Gómez Regenjo
Marta Gómez RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

SIMÓN BALVÍS

Pazos mesturou actualidade e idiosincrasia galega en Rianxo

17 mar 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Que os que non son galegos queiran selo. Ese é o obxectivo do novo espectáculo de Sergio Pazos. Non se sabe se logrou esta finalidade na presentación que realizou do seu monólogo Se galego, my friend en Rianxo o venres á tardiña, pero o que si é seguro é que o cento de persoas que acudiu ao auditorio saíu cun sorriso na boca.

O discurso de Pazos, no que, como evidenciaba o título do espectáculo, fixo un repaso polos tópicos máis propios da idiosincrasia galega mesmo fixo que os presentes riran a gargalladas en moitos momentos. As típicas respostas a unha cuestión con outra pregunta, o uso do depende ou as distintas acepcións da palabra «carallo» foron algúns dos temas tratados polo humorista.

Pero, como sete anos de reporteiro nun programa coma Caiga quien caiga deixan pegada, no monólogo sobre o especiais que somos os galegos tamén tivo un oco a actualidade, moito menos divertida polos casos de corrupción, aos que non faltaron alusións por parte da afiada lingua de Sergio Pazos. A elección do Papa, a política ou mesmo versións tecno e rap do himno do PP encheron hora e media na que o único que non tivo cabida foi o aburrimento.