O partido de Beiras está na boca de casi todos

la voz

Os populares, grandes triunfadores da noite electoral do pasado domingo, amósanse satisfeitos cos resultados obtidos que, segundo o coordinador comarcal, José Luis Torres Colomer, constitúen un respaldo á actuación de Alberto Núñez Feijoo durante estes catro anos. Todo o contrario ocorre nas filas do BNG, que perdeu apoios. Representantes da formación na bisbarra, como o responsable barbancés Xosé Piñeiro ou a sonense Ánxela Franco, indicaban onte que manteñen o seu compromiso e que farán unha análise co propósito de recuperar a confianza perdida dos cidadáns.

bng

Aprender dos erros. Xosé Piñeiro manifestou: «O partido liderado por Beiras, Alternativa Galega de Esquerda (AGE), entrou con forza e, incluso, en varios concellos quedou por diante do BNG».

O responsable comarcal dos frentistas recoñeceu que o partido de Xosé Manuel Beiras, co tirón mediático do seu líder, soubo facerse co apoio da xente descontenta: «Nós non».

Nin Piñeiro nin Franco comprenden esta perda de confianza por parte do electorado cando manifestan: «O noso programa está máis preto do que precisan os cidadáns».

CXG

Coa vista nas municipais. O candidato de Compromiso por Galicia Manuel González manifesta que eran conscientes da dificultade da cita electoral: «O noso proxecto non se coñecía e houbo unha concentración do voto na forza emerxente de Xosé Manuel Beiras. A xente votou a quen considerou que podía facer unha oposición máis dura».

Aínda recoñecendo que os resultados non foron bos, Manuel González amósase esperanzado porque manifesta que esta foi unha forma de que Compromiso por Galicia dera a coñecer o seu programa á sociedade. Agora, Manuel González ten as súas miras postas nas municipais: «Nós creo que podemos facer un bo papel no ámbito local».

De igual xeito, síntese medianamente satisfeito do resultado acadado nos municipios de Noia, Outes e Muros.

pp

Defensa do traballo feito. Os populares séntense satisfeitos porque, como indica o senador e coordinador de campaña, José Luis Torres Colomer: «O PP gañou en todos os municipios». O único que lamenta Torres Colomer é o aumento da abstención.

O senador ribeirense sinala que os cidadáns apoiaron ao Goberno serio de Feijoo: «Adoptou medidas de austeridade, pero tamén se fixeron inversións e políticas sociais».

No caso pobrense, os resultados dos comicios do domingo poñen de manifesto un descenso de apoios do PP. O rexedor, Isaac Maceiras Rivas, sinalou que non está preocupado: «Hai unha perda de apoios porque os electores non foron votar e tampouco pode perderse de vista o feito de que o censo descendeu con respecto aos pasados comicios autonómicos».

Maceiras tamén precisa que o Partido Popular pobrense sempre perdeu respaldo nas eleccións galegas e nas estatais, polo que non considera que esta situación se deba á política que se aplica no eido municipal.

PSOE

Situación xeral. A responsable de campaña do PSOE e candidata pola bisbarra, Josefa Hermo, manifestou que a caída do PSOE foi algo xeneralizado: «Pode que os cidadáns quixeran castigar ao PSOE», afirma.

A socialista manifestou que aínda non analizou en profundidade os resultados do partido.

PP

«É un respaldo ao Goberno serio de Feijoo»

BNG

«Aguantamos mellor o tipo que no resto do país»

BNG

«Das derrotas apréndese. Traballaremos igual»

PP

«A xente non foi votar e tamén baixou o censo»

CXG

«Podemos facer un bo papel nas municipais»

PSOE

«A caída do PSOE foi unha cousa xeneralizada»

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

O partido de Beiras está na boca de casi todos