14 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.
A candidata popular Herminia Pouso asegurou na Pobra que as políticas impulsadas polo Goberno de Feijoo permitiron que Galicia se atope en mellor situación que outras comunidades autónomas. A ribeirense tamén se referiu a aposta polos sectores produtivos que fai o Partido Popular.
No acto político celebrado no teatro Elma tamén interviron o candidato da comarca Santiago Freire, que falou das actuacións levadas a cabo polo PP na bisbarra, e o alcalde pobrense, Isaac Maceiras. Este último afirmou que o PP é o partido que se merece Galicia: «Feijoo sempre está atento para que cada día haxa más crecemento e emprego en materia de Servizos Sociais».
Ata a vila desprazouse a conselleira Beatriz Mato.