Outro ERE


Nos tempos de Franco, os partidos políticos eran unha ruína, así que uns cantos membros do Partido Nacionalista Vasco (PNV) decidiron continuar co negocio, pero doutro xeito, creando unha pequena empresa de explosivos e armamento, algo que non precisaba dun gran investimento, crearía bastante emprego e tiña menos risco e máis ganancia que a de mariñeiro, tanta que nin o réxime foi quen de poñela na picota, pero o que comezou sendo unha tenda familiar foi medrando ata converterse en sociedade limitada acadando as mellores contas de resultados coa chegada da democracia, xa que pasou a ser unha sociedade anónima con máis accionistas (votantes) dos que os analistas esperaban, tanto que agora aspira a cotizar en bolsa, como anuncia no seu derradeiro comunicado Euskadi Ta Askatasuna.

Isto, exposto así, podería entenderse como unha ironía impropia tendo en conta que enche follas dos xornais, monopoliza programas de radio e televisión e serve de recheo nas conversas taberneiras, pero a existencia de ETA, a pouco que meditemos, foi, e segue sendo, un gran negocio que abrangue un espectro moito máis amplo que os macabros feitos dos seus traballadores, unha industria auxiliar semellante á que se produce, poñamos por caso, arredor de Microsoft Windows, emporiso non deixa de ser un sarcasmo pedir que nos agasallen, sen máis, coa súa mellor ferramenta. Como dicía San Agustín, verum est id quod est -verdadeiro é aquilo que o é- e non atopando nin na teoría lóxica de Henle nin na ilóxica de Woodworth e Sells, dentro do razoamento humano, algunha que se axeite a este caso, é doado chegar á conclusión de que estamos diante dun expedinte de regulación de emprego (ERE) máis, amosando que a crise é tan fonda que afecta, incluso, ao negocio terrorista.

Como escribe Tino Novoa, este cese de ETA non é o seu final e, mentres, menos enganar á cidadanía con bágoas de crocodilo e máis contundencia, xa que nisto si que podemos contar con Francia pola conta que lle ten.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos

Outro ERE