-¿É un círculo pechado ou aberto?
-Nós tentamos darlle a maior liberdade posible a todos aqueles que se sumen á editorial, aínda que non sexan do entorno de Sacou.
-É unha editorial sen ánimo de lucro pero, ¿con vocación de futuro?
-Si. Penso que en Galicia hai demanda de editoriais. Hai moitas obras xeniais que acaban quedándose nos caixóns. Non é que sexa imposible publicar a través das firmas consolidadas, pero o que está claro é que hai unha serie de tendencias na literatura galega e, fóra delas, é moi complicado facerse un oco. Este si que pode atoparse na Acha Escrava.