A presentación do recompilatorio terá lugar esta noite en A Pobra

La Voz

BARBANZA

? Voz de Barbantia celebra hoxe unha das veladas máis especiais para as máis de cen persoas que colaboraron neste suplemento. Non en van, esta noite terá lugar a presentación do libro recompilatorio dos 25 números xa publicados. A cita, que La Voz de Galicia, a Asociación Cultural Barbantia e o Concello de A Pobra organizan conxuntamente, terá lugar no salón de actos do Museo Valle-Inclán a partires das 20.30 horas. No acto, no que tamén se presentará o novo número de A Voz de Barbantia que hoxe se publica, falarán o alcalde de A Pobra, Isaac Maceiras; o presidente da Asociación Cultural Barbantia, Antón Riveiro Coello, e o delegado de La Voz de Galicia en Ribeira, Moncho Ares. A celebración servirá tamén para que Xosé María Álvarez Cáccamo presente a obra Manuscritos do ar e Xabier López Marqués faga o propio co libro A lúa nun ichó.