«O nivel de endebedamento incrementouse do 42 ao 56%»

La Voz

BARBANZA

O PSOE regresou ao goberno de Noia, pero o fixo perdendo nas eleccións do 27 de maio un escano, pasando dos sete concelleiros que obtivo no 2003 aos seis que conforman agora o grupo liderado por Guerrero. -Estabamos na oposición, polo que careciamos do plus que supón formar parte do goberno. Aínda así, quedamos por enriba do voto que o PSOE obtén tradicionalmente en Noia. Cando nós collemos o partido, hai oito anos, tiñamos uns dous mil apoios e agora estamos en máis de tres mil. -¿A que razóns atribúe a perda da alcaldía no 2003 en favor do PP? -Aos erros do noso grupo, aínda que sosteño que cando se perde é responsabilidade fundamentalmente do alcalde. Sempre o dixen e o sigo mantendo. -¿Que situación financeira herdaron agora? -É mellor que a que había hai oito anos, pero peor que hai catro porque o nivel de endebedamento incrementouse do 42 ao 56%, se pediron créditos por máis de tres millóns. -¿Debería Lousame integrarse en Noia? -Creo que sería conveniente a medio prazo propoñer a fusión destes dous concellos.