Unha exposición lembra en Lousame como progresou a aritmética

La Voz

BARBANZA

HEVIA

Cousas da xente A colección de paneis sobre os números poderá ser visitada ata o 12 de marzo na casa de cultura de Portobravo

27 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

O deputado provincial Ramón Quintáns Vila e o alcalde de Lousame, Santiago Freire Abeijón , inauguraron o luns pola noite unha exposición titulada A historia dos números , na que se fai un percorrido polos avances que se produciron no universo da aritmética ao longo dos últimos séculos. Ao acto acudiron os alumnos das clases de informática que organiza o Concello, e nos próximos días visitarán a sala grupos de estudantes do Colexio Cernadas de Castro. A nena boirense Carla González González soprou as trece velas da súa torta de aniversario. Celebrouno cunha festa na súa casa de Hermide. Estivo acompañada por un nutrido grupo de amigos, Noemí Lamas, Ana Saray e Miriam Lustres, Lucía Calvo, María Esperante, Tania Rivadulla, Miguel Marqués e Nerea Rial. A charanga arousana Marajota e Media, que preside Luis Cardalda Meléndez, visitou Rianxo no domingo de piñata. Todos os integrantes da comparsa estiveron disfrazados de bonecos e foron os encargados de animar a divertida xornada. Non puido estar A Ruada Rianxeira, como en anteriores ocasións. Cultura todoterreo A Consellería de Cultura, que dirixe Ánxela Bugallo, acaba de por en marcha o programa musical Circuíto 4x4. Este paquete de actividades arrincou na vila boirense co concerto de Espido, unha fusión harmónica de integrantes dos grupos Berrogüetto, Guadi Galego e Guillermo Fernández. Outras agrupacións que tocarán máis adiante no centro social da vila son Nordestin@s, Marful e Xabier Díaz. Na presentación do calendario de actividades do Circuíto 4x4, que tivo lugar en Santiago, estiveron presentes, ademais da conselleira, o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Xosé Luis Bará Torres, e o técnico de Cultura de Boiro Alberto García. Na organización deste programa autonómico colaborou o persoal do centro social. Unha cea chea de sorpresas O restaurante A Cascada, de Ribeira, cuxo xerente é Anxo Rodríguez, celebrou con motivo das festas do antroido unha gran cea, na que o número de comensais chegaba ao cento. Por suposto, os asistentes degustaron o menú disfrazados. Houbo moita variedade á hora de elixir a indumentaria. Entre as persoas que se achegaron ao restaurante estaban os integrantes do grupo de baile Gandaina, de Palmeira. Unha vez que tiñan o estómago cheo, os comensais non dubidaron en saír á pista de baile para lucir os traxes e darlle ritmo ao corpo. Como non podía ser de outro xeito, a festa prolongouse varias horas.