PONTENAFONSO E RÍO TAMBRE | 9.00 HORAS
30 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.Dentro da programación de ocio e tempo libre organizada pola Concellería de Xuventude de Ribeira para estas vacacións de Nadal, durante toda a xornada de hoxe desenvolverase unha actividade de multiaventura para maiores de 18 anos, consistente na realización de puenting, rapel voado de 40 metros e kaiac. O número máximo de participantes é dunha ducia de persoas. A actividade ten un prezo de 10 euros.