Rapaces de Ribeira cambiarán os videoxogos pola chave e a billarda

Antía Urgorri Serantes
Antía Urgorri RIBEIRA

BARBANZA

CORRAL

Reportaxe | Viaxe ao pasado Os alumnos dos tres centros de secundaria da capital barbancesa poderán, ao longo deste curso académico, coñecer e gozar cos pasatempos dos seus pais e avós. O obxectivo é que a ra e os bolos desbanquen á consola

16 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

FIRMA DE CONVENIO. ?n torno ás once e media da mañá, cando soa a campá nos institutos do municipio ribeirense, centos de rapaces corren cara ao patio co fin de gozar a tope do recreo. Só dispoñen duns minutos. Sacan as consolas, fedellan nos videoxogos ou mandan mensaxes nos móbiles. Pouco se parece esta estampa á que se vivía hai unhas cantas décadas. Sen embargo, nos próximos meses, os mozos da capital barbancesa farán un entretido viaxe ao pasado, e divertiranse cos mesmos pasatempos dos seus avós. A Concellería de Cultura de Ribeira fíxose cun completo lote de xogos tradicionais, os cales cederá durante este curso aos institutos do municipio. Nun tempo no que comprar un videoxogo é unha tarefa farto sinxela, non o é tanto á hora de facerse cunha billarda ou uns bolos. «Tivemos serias dificultades para atopar os xogos, por exemplo, a ra», comentou o edil Luciano Fernández. Sete divertimentos Cada centro educativo disporá do lote de obxectos lúdicos durante un trimestre. Neste tempo, docentes e alumnos pasarano de medo xogando á chave de pas e a de pé, á ra, aos bolos, aos aros, á billarda, e aos zancos multialtura. Ademais, os estudantes terán que facer deberes na casa: practicar cos seus pais e avós, quenes de seguro serán expertos na materia. Os responsables dos institutos Coroso, Leliadoura e Número Un están convencidos de que a iniciativa será todo un éxito, pois axudará aos rapaces a aprender a divertirse con pouca cousa, a competir sanamente e a xogar en grupo. Seguro que algún pais morrerá de envexa. A recuperación dos xogos tradicionais é, segundo dixo o concelleiro Luciano Fernández, unha prioridade do Concello: «Estabamos a comentar entre risas que dentro duns cen anos, farán xornadas para poñer en valor as consolas».