A CHAVE
25 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.ESTÁ MOI ben que se pidan máis colexios, o que non quita que antes se fagan esforzos para acadar iso que chaman a conciliación da vida laboral coa do fogar, e isto acádase dotando aos centros educativos de comedores e poñendo transporte escolar para todos (¿por que os nenos que viven a un quilómetro non teñen dereito ao servizo? Non o entendo). É estupendo que se fagan grandes investimentos nos portos, que se enchan de atraques, aínda que non haxa flota para todos, pero o lóxico é que antes de facer excesos inversionistas se estuden as necesidades a nivel global, de xeito que si todos os pobos menos un teñen unha dársena deportiva o oportuno é concentrar o esforzo onde non a hai, antes de ampliar e mellorar as outras. É fantástico crear inmensos polígonos industriais, pero non debe supoñer o bloqueo dos que están funcionando. Os desaxustes crean agravios inexplicables.