Era previsible

| MONCHO ARES |

BARBANZA

NINGUÉN PODERÁ dicir que as riadas de lodo e auga foron imprevistos que colleron por sorpresa á Administración. De facer este comentario evasivo, o seu autor debería abandonar o cargo cinco minutos despois. A historia demostra que tras un verán de incendios chegan invernos de inundacións (aquí entendemos o inverno como unha estación que empeza en setembro e acaba en xuño). É a contribución que hai que pagar á natureza castigada. Estas catástrofes repítense, e pregúntome se este ano tomáronse medidas serias para facerlle fronte, porque a semente de herba de crecemento rápido ou o depósito de restos vexetais parece que non están a funcionar, é máis, cando se soubo destes sistemas, algúns comuneiros tomárono a coña, convencidos de que non eran a solución. Esperemos que o inverno inverno sexa menos chuvioso que este outono inverno.