A CHAVE
16 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.COMO CASE sempre recibo con espírito crítico as novas sobre infraestruturas viarias (con esta e coa Xunta anterior, que todo hai que dicilo), hoxe voulle dar a volta ao asunto, porque me parece unha boa idea facer unha actuación nas travesías da comarca polas que pasa a antiga estrada comarcal. Como A Pobra é o núcleo máis poboado no que esta eiva era máis evidente, a conselleira actuou levada máis polo de servizo público que pola inclinación política, postura á que non estamos moi afeitos nesta comarca a pesares de que é a máis lóxica, ou a que debera selo. Creo que a ninguén lle cabe a menor dúbida de que esta actuación empeza por onde realmente se necesita, o que debera servir de exemplo para aplicar o mesmo criterio coa autovía, e de facelo todos os usuarios apostariamos polo tramo Rianxo-Catoira, con apertura urxente antes da fin da obra. ¡Queda dito!.