LA LLAVE
21 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.NON FALAN as crónicas que nese Aguiño mediaticamente castigado xurdiu a loita dos heroes contra a marea negra do Prestige : cando ninguén en Galicia sequera pensaba que o chapapote navegaba rumbo á costa, un feixe de desconfiados saíron ao mar desde este peirao, poñendo en perigo vidas e barcos, para frear aquela ameaza, que logo se converteu en bandeira de aproveitados. O home esquece pronto, se cadra mergullado nunha abundancia que lle impide lembrar a longo prazo. Se así non fora, dirían os informativos que en aquela Ribeira, onde se libraron comprometidas loitas pola natureza galega, pola defensa do mar, pola preservación da vida, como foron a do piche no 2002 e a dos residuos radioactivos en 1981, hai persoas, como no resto do mundo, que poñen en dúbida a súa racionalidade, xentes que un día incluso foron heroes por dar de comer a homes de branco manchados de negro.