DESDE FUERA | O |
18 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.NESTES INTRES gostaríame escribir sobre unha recente preocupación miña, da que quizais moitos non se dan conta. Se cadra, do que vou falar non o chegaron a coñecer, posto que esta sociedade na que vivimos vai mais rápida que un Ferrari. Tería que cambiar o título e dicir que falo de invasión ou substitución de tradicións autóctonas por outras que veñen, polo xeral, dos países anglosaxóns, impostas polo poderío do capital. Non quero con iso dicir que nós teñamos que facer o mesmo, pero somos só unha pequena agulla nun pallar, que é o mundo enteiro. Ao que iamos, o Papa Noel está sustituindo aos Reis Magos; Hallowen, unha festa que cando eu era un cativo xa festexabamos da mesma maneira: con cabazas e velas, que poñiamos nas corredoiras e camiños para meterlles medo aos pasantes. E por certo, non tiña ningún nome esta tradición. Agora chegan os «celtistas » , e teño que poñelo entre comiñas, que tamén nos queren impoñer unha festa de orixe irlandesa como é o samaín , que por aqueles lares ven a ser a festa dos mortos e o Día de Todos os Santos. Non sei a que ven esta historia, posto que seguindo así, tamén poderemos festexar Imboloc o primeiro de febreiro, Belteine o primeiro de maio e porque non, Lugnasad o primeiro día de agosto. Dúas destas festas son solsticiais e as outras, equinocciais.