Valle-Inclán

MANUEL TEIRA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

29 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

OS NOSOS cancioneiros medievais, ata a submisión e decadencia da nosa fala nos anos escuros, á etapa do Rexurdimento con Rosalía, Pondal, Curros; ás Irmandades da Fala e a Xeración Nós; un proceso de recuperación da cultura propia que se vería interrompido pola Guerra Civil. A nosa, non cabe ningunha dúbida, de que é unha cultura de resistencia; así, ata este momento único de integración e normalización na sociedade galega de hoxe. Ven a conto, esta memoria telegráfica, por mor do congreso sobre a obra e a figura de Valle-Inclán que se celebrou hai poucas datas na Pobra do Caramiñal. Sorprendeu por ese revisionismo dalgúns dos ponentes, como foi o caso de Alonso Montero, que na súa conferencia de apertura anunciaba ou desentrañaba a suposta galeguidade de Valle-Inclán. Esta conclusión do mestre íase converter no concepto máis novidoso e aclamado deste congreso. O tópico, ou o clixé, digo, o pretexto para concederlle a Valle un espacio na galeguidade, ou mesmo, convertelo nun escritor galego, ou en galego. Valle-Inclán cultiva e manexa a estética da imaxe como poucos. Tirano Banderas , Luces de Bohemia , as sonatas,... Unha sucesión de fórmulas creativas que nos remiten ao seu mundo de múltiples miradas. Agardo que a galeguidade do escritor non sexa o principio, ou a xustificación, dun novo modelo de galeguidade que aportaría boa causa a algúns grupos que abrazarían este suposto galeguismo do autor Valle-Inclán.