Entrevista | Xoán Mariño
19 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.? páxina web de Mr Misto Films ven de ser galardoada coa medalla de ouro no Artsy Awards , que evalúa os mellores traballos internacionais do ámbito creativo. Este é un motivo máis de satisfacción para os responsables desta factoría audiovisual, que acaba de cumplir un ano en marcha. Dentro das súas actividades, o seu director, Xoán Mariño, ofreceu unha charla didáctica no Instituto Praia Barraña, ante un cento de rapaces. -En Mr Misto encargámonos de aspectos como a producción e exhibición audiovisual, pero tamén da formación. Expliqueilles o que fixemos recentemente nas Xornadas do Audiovisual de Boiro, e proxectamos algunha curtametraxe, como a de animación Os difuntos falaban castelan , unha adaptación dunha obra de Anxel Fole, e o clásico O matachín , de Jorge Coira, e con Luis Tosar e Luis Zahera. -¿Como se motiva aos alumnos para que se interesen polo audiovisual? -É importante que saiban que unha producción deste tipo, sen cartos, precisa dunha boa idea, unha historia ben artellada, un equipo humano e moita ilusión. O demais conséguese cunha cámara dixital e un ordenador cun programa básico. Para a proxección dos traballos que fagan, suxerinlles mostralos en colexios ou a través do Concello. Aquí teñen toda a colaboración do animador sociocultural. -¿Como reaccionaron? -Estupendamente. Gustoulles a idea, e xa estamos preparando un novo obradoiro de iniciación á curtametraxe, para que coñezan a realidade. Ao remate da miña explicación preguntáronme unha morea de cousas, como sobre os dereitos que hai que pagar por utilizar música nas películas. Eso fala ben do interese que mostraron. -¿Que momento está a vivir o audiovisual galego? -Está a vivir un momento moi doce, aínda que as cousas non son fáciles. En temas de formación estamos un pouco en coiros e imos por detrás das demandas do mercado. Nembargantes, se a xente nova se prepara neste sector, vai atopar saídas profesionais, pois xurdirán moitas posibilidades. -¿Que proxectos están a desenvolver en Mr Misto? -Imos facer moi pronto un festival itinerante de curtametraxes por unha vintena de concellos, para o que seleccionaremos unhas corenta películas. Proxectarémolas en espacios de xestión pública e privada. Seguiremos con novos obradoiros en Vigo, Ourense ou Ribadeo. E, entre outras cousas máis, desenvolveremos un proxecto para distribuir cine convencional.