DESDE FUERA | O |
17 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.A INERCIA arrastra e leva. Descubrín que este tipo de forzas, na maioría dos casos, son sorprendentes. Non es capaz de rexeitalas e déixaste ir. A inercia política é, entre elas, a máis perigosa, quedas nese contubernio e podes morrer de gusto, coma se as inercias foran orgásmicas. Barbanza, incluindo Louro e Carnota, son terras expostas ao vento, por isto, se deron en inventar as rías. Foron ben diseñadas para guarnecerse no socairo e facer esta terra habitable. Dicía que, entre estas forzas, a política é delas a máis temeraria. Con ela, a cabeza branquea coma se estiveras nun inverno permanente. Eu tiven sorte, a mín apeáronme, agora miro dende fóra, iso si, sempre sentirei veneración polo vermello. A verdade, hai que ter unhas entendedeiras que asustan para entender as prédicas da clase política. ¿A Xunta goberna ou desgoberna? Por favor, non me pregunten a mín. As estatísticas cabrean. Segundo o ránking do Banco de España somos a antepenúltima autonomía en renta per cápita e caemos oito postos na lista de gasto por habitante. Hai serias dúbidas de coma se xestionan os cartos públicos e coma é posible que logo de tantos anos sexamos a terceira comunidade máis pobre do Estado. Millor ca cos Suevos estamos. O que non está tan claro é cal vai ser o noso futuro con este expedente tan favorable. Esta casa é unha ruína.