¿PPdeG ou PPdeM?

JOSÉ RODRÍGUEZ CABEZA

BARBANZA

DESDE FÓRA | O |

05 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

CUNHA INCUESTIONABLE bagaxe de oito anos de bo goberno, están xordendo algunhas pelexas internas no PP, sendo a de Galicia a máis importante, non polo seu peso a nivel estatal, que tamén, senón polo contido e polos actores. Os actores xa os coñecemos. O que non aflorou aínda son os contidos, ou sexa, se o PP en Galicia debe afondar nas ideas de Brañas, Castelao, Murguía e demais intelectuais do pensamento galeguista e galegófilo ou se, pola contra, debe manter un certo galeguismo aséptico. A teoría da autoidentificación deixou ben clara a política que Fraga diseñou para Galicia. Polo tanto, a súa tesitura, nestes intres, semella debaterse nese eido. Dende logo que os chamados da boina, teñen bastantes contraposicións cos do birrete. ¡Aí está o miolo do problema! Que ninguén dubide que o presidente é consciente deste retrinco histórico. De aí a súa propensión para afrontar esta derradeira, complexa e sacrificada etapa, na que o referente non é o PSOE, senón a templanza e a intelixencia política que o BNG está amosando. No diagnóstico don Manuel non erra. Os que desatinan son os que non se decatan de que a menciña que fai falla está en levar o debate ás bases, escomenzando con percebes de Carnota, capóns de Vilalba, o cocido de Lalín e rematar cunhas xoubas en Rianxo, poño por caso. Dito doutro xeito, botarlle unha man, e non, precisamente, ao pescozo.