Toque de queda

VEIRAS MANTEIGA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

02 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

LE MONDE é, sen dúbida, o máis prestixioso dos xornais franceses e, polo tanto, unha referencia no mundo. Se preguntaba fai pouco este xornal se en Francia non se tiña que aplicar unha especie de toque de queda para os conductores xóvenes. E daba como exemplo unha reforma feita xa no ano 1987 en Nova Zelanda, e que asemella que o estado de Nova Gales do Sur, en Australia, tamén podería aplicar. De que se trata en liñas xerais: primeiro, a prohibición de mercar coches de grande cilindrada aos xóvenes sen experiencia, de tal maneira que a potencia dos vehículos dependera da idade do comprador. Segundo, a prohibición de conducir entre as dez da noite e as cinco da madrugada para os que teñan menos de 20 anos se non van acompañados dunha persoa maior, excepción feita por motivos laborais, ou sexa, se teñen que traballar. Teño que dicir que con esa política, que se cadra algúns consideran un ataque ás nosas liberdades individuais, ese país, Nova Zelanda, logrou reducir a mortandade dos seus mozos nun 50% en dez anos. Entón, persoalmente, teño que aplaudir este tipo de iniciativas e, por tanto, pregúntome: ¿Que facemos en España para reducir esa lacra que son os accidentes de circulación co seu número de mortos? Eu diría que se o país veciño fai eso, nós debemos facelo tamén e non esperar dez anos, como co permiso de conducir por puntos.