Novas críticas

MAR DOPICO

BARBANZA

ERA VISTO | O |

26 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

ESTABA CLARO que, tarde ou cedo, as críticas sobre o retraso na execución das obras da vía Boiro-Noia ían voltar. O que non pode ser é que, con desprendementos de pedras de por medio, as Administracións implicadas sigan a demorar a conclusión da actuación proxectada. Xa non se trata de que a estrada teña máis ou menos curvas, que sexa máis ou menos ancha, o que ocorre agora é que aos que transitan por ela pode caerlles unha pedra na cabeza.