DENDE FÓRA | O |
28 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.TEÑO CON este artigo que pedir algunhas responsabilidades aos meus amigos e aos que non o son tamén: artistas e intelectuais galegos que ca historia do Prestige saían todos os días a berrar nas rúas do noso país. Digo esto porque semella que dende que houbo cambio de goberno todo vai ben no país e reino de España, e aquí non se oíu nin de coña unha voz discordante. Pois, de verdade fastidia moito porque o chapapote aínda non se sacou todo do pecio, e a Costa da Morte coido que non se arranxou así de súpeto. Será que ca esquerda no goberno non hai nada que berrar, nada que defender, ¿todo está arranxado? Pois imos ben: o paro é o mesmo, Izar vaise ao tacho, os montes seguen a arder... ¿Non hai que defender eso, mellor dito protestar contra eso? Ou será que as cinzas dos nosos montes cando arden gobernando a esquerda transfórmanse en bo esterco para as leiras. Se cadra sí. Esto en vez de normalidade aseméllase máis ben ao pensamento único... dos nosos intelectuais, artistas e acompañantes, e que non lles pareza mal e me traten de fascista escribindo esto... porque aí xa se fode a cousa, cando o que digo é unha realidade. Se cadra antes era só unha fasquía, onde se perderon algo máis que ilusións.