DENDE FÓRA | O |
13 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.SUPOÑÍA EU que cantas máis leises saísen dos parladoiros mellor para os cidadáns ou, pola contra, máis traballo para os profesionais do dereito. De quen estaba trabucado encargouse un avogado amigo meu. Así, cando se lexisla profusamente sobor dun mesmo tema supón un mareo de normas e contra normas que nin arranxan nin deixan de arranxar, senón todo o contrario. Quere decirse que estamos a pagar os soldos dos políticos tontamente. Púxome algúns exemplos. A lei do contencioso administrativo, a que trata dos líos que moitas veces, sen xustificación algunha, hai entre os que administran (gobernantes) e os administrados (víctimas), que databa de 1956 durou ata 1998, sen que por iso, neses 42 anos, deixase de haber máis ou menos pleitos, mentras que para tentar amañar os problemas urbanísticos, somentes dende 1992 ata o de agora van máis de media ducia e, sen embargo, os prezos das vivendas seguen a subir, amolando, fundamentalmente, aos máis mozos, ou sexa, ao futuro. Un caso foi o do planeamento de Boiro, que lle colleu con tres modificacións legais. O mesmo está a pasar coa revisión do de A Pobra que, cando remate, terase feito a cabalo de dúas ou tres. Para tolear, claro. Cando aínda eu era un mozo, cheo de romanticismo e inxenuidade, díxome un día un labrego: «Xuntanza de concelleiros, fodenda de vecindario». Naquel intre non lle entendín o refrán. Agora sí.