Cáliz

JOSÉ RODRÍGUEZ CABEZA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

30 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

ESTABAMOS ALÍ, na explanada do peirao de Porto do Son. Viñan paseniño e preguntamos por onde se ía facer o mellor paseo mariño do mundo, que dixera o Presidente. «Miren, o primeiro que habería que saber é canto mundo coñece ZP». ¡As ocorrencias que teñen as nosas mulleres mariñeiras!. Chegamos a Portosín. Fronte ao peirao deportivo hai unhas vivendas en escada, como as da Manga do Mar Menor. Ao longo de toda a beiramar sonense cantidade de chalets construídos fai tempo e, entremedias, moitos terreos que xa non poden ser edificados. Falamos cun mariñeiro xubilado ao que tentamos convencer de que a lei de costas protexe as lindes litorais. «Para que os terreos estean cheos de silvas», espetounos. Saímos cara Noia e, a altura de Boa, topamos coa caravana de automóbiles. Foron sesenta minutos, nos que tivemos a oportunidade de acadar a opinión dun paisano sobor da proxectada ponte enriba da ría. «Xa ven vostedes», dixo, sinalando a longa ringleira de coches. Viñéronme a mente algunhas estrofas da fermosa canción de Amancio Prada: «Padre, aparta de mi este cáliz...». ¡Que martirio de tráfico! Non sei que pensará Quintáns Vila. Para mín que o da polémica ponte ten máis urxencia que o fermoso paseo prometido. Supoño que para Insua tamén. Xa pola estrada de Outes, fuximos para tasca do moreno, que nos tranquilizou cunhas boas tapas de orella e viño.