Sinal de identidade

| MONCHO ARES |

BARBANZA

SOMOS MOITOS os que levamos tempo dicindo que ás festas de Boiro faltáballe un sinal de identidade. Mentras que Rianxo ten á Moreniña e a ese xeito único das súas xentes para vivir as celebracións, A Pobra conta con unha procesión ancestral, como a das Mortallas, e Ribeira distínguese polo desfile marítimo da Virxe do Carme... podemos seguir dando a volta á redonda e pasará algo semellante en cada vila, desde O Son, ata Carnota, sin esquecer a Mazaricos e Lousame. Pois dame a impresión de que, por fin, os boireses atoparon algo que lle pode dar ese valor engadido que necesita un festexo que se precie. Trátase da Mostra das culturas que hoxe abre as súas portas. Cada ano, os seus responsables dan un paso máis para engadirlle iniciativas que aumenten o seu atractivo. Eles puxeron o xérmolo, agora depende de todos que a iniciativa siga medrando para ser algo grandioso.