Iraq, erro fatal

J. R. CABEZA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

07 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI ALGÚN tempo, organizada pola concelleira de A Pobra Rosa Fernández, un diplomático da resistencia saharaui deu unha conferencia na que poñía de manifesto as vantaxes de que España se implicase nas aspiracións deste pobo, tendo en conta os beneficios pesqueiros que suporía para Galicia, ademais de que dispoñen de reservas petroleiras e outros recursos. Nun aparte tiven ocasión de disertar co conferenciante sobor da cerna do problema, coincidindo plenamente en que a actitude do Frente Polisario fora un erro naqueles intres de cando o da Marcha Verde, artellada por Marrocos contra España en 1975, rematou cunha fatídica solución para ese territorio, xa que, transcorridas tres décadas, no Sáhara Occidental, hoxe en día, os saharauis son menos saharauis que cando eran provincia española colonizada, a pesares de todas as resolucións da ONU. España é Europa, o que non nos pode levar a esquecer o noso vencellamento histórico coa África do Al-Andalus, como tampouco fixemos (nin estamos facer) ben as cousas coa América que descubrimos e da que, despois, nos acabaron botaron. O derradeiro movemento do presidente español, consumando o arredamento das nosas tropas de Iraq, e rachando cos EE.?UU., amosa uns derroteiros trabucados e perigosos para os nosos intereses. Xamais aprenderemos.