DENDE FÓRA | O |
02 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.UNHA VEZ máis queda amosado que Francia é a ovella negra que nos amola sempre que pode. Un exemplo do seu cariño: cando toda Europa decretou loito pola masacre do 11-M, nada máis coñecela, o goberno francés non o fixo ata que soupo que non se trataba de ETA (problema de España). Polo demais, os derradeiros sorrisos dos dirixentes franco-alemáns testemuñan que agora ven a posibilidade de sacar adiante unha constitución europea que lles permita, en troques dun garameliño, levar adiante as políticas que lle conveñen, en concreto, as agroalimentarias e industriais que tanto nos van prexudicar. É curioso que cando se fala do que se chama alta política, semella que non vai con nós. Nembargantes, afecta aos gandeiros de Mazaricos, aos armadores de Ribeira, aos madereiros de Outes, ás ameixas de Os Raposiños ou aos viños albariños que os de Cespón tamén queren comercializar, por non falar dos camiños xacobeos ou dos grandes peiraos, políticas todas elas que se mangonean en Bruselas. Chama a atención que se diga que o devandito atentado pudo ser planificado dende o país xermano. Ao respecto, hai que suliñar que a Europol foi reacia a incluir o terrorismo dentro das súas accións, aínda que agora, que pode petar ás portas de calquera, a Unión Europea toma cartas no asunto.