DENDE FÓRA | O |
10 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.DE VERDADE me gustaría facer esta afirmación referíndome á nosa Administración. Teño que dicir que non é así, máis ben ó contrario, e que ninguén o tome a mal, os funcionarios menos. Unha Administración moderna ten que ser eficiente, facilitando ó máximo as xestións dos cidadáns, apresurando a resolución dos seus problemas e evitando colas e viaxes inútiles. Ven a conto esto porque parece que en Galicia sobran funcionarios do Estado. O que pasa é que eu non o vexo, máis ben asemella o contrario, posto que dá a impresión de que somos nós os que estamos a disposición da Administración en xeral, cando ao meu parecer tiña que ser ó revés. No século no que se pode comunicar en poucos minutos con calquera parte do mundo sen moverse da casa, nós, os constribuíntes, aínda temos que desprazarnos moitas e varias veces para resolver uns asuntiños de m... Vai sendo hora de que o Inem mande un empregado a que faga unhas permanencias nos concellos para que os parados non teñan nin que desprazarse nin pagar do seu peto as viaxes a Boiro. A ver si non temos que ir dúas veces a Ribeira para obter un carné de identidade ou un pasaporte, que con unha tiña que chegar. Esto mesmo vale para Tráfico, para a Seguridade Social... e paso. Que non se me diga que non é realismo, si o é noutros países de Europa.