DENDE FÓRA | O |
18 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.ANDO UN POUCO extraviado cando ollando a prensa local en estes derradeiros tempos non atopei nova algunha sobre un acontecemento na nosa zona. Sempre estarei aberto e defenderei toda iniciativa, privada ou non, que teña lugar, sexa de onde sexa, e que serva para o futuro ou en prol da difusión cultural. Mesmo se cadra chea de detractores, que é lóxico. Falarei de Tambre, non do vello río Tamara, que foi lampreeiro e salmoneiro e que serve a veces para salvarnos do chapapote. Non, vou a falar do canle de televisión que tamén se chama así. E se falo é porque moita xente non se decata de que no Barbanza e na ría de Muros tamén se pode ollar ou sintonizar unha canle local. Sei máis ou menos de quen ven esta iniciativa, pero de eso non vou falar. Falarei de que unha televisión local con poucas horas de programación, onde pasaron estes derradeiros días algunhas de esas películas que fan historia e que moitas veces xa non se ven. Claro está, como todo o que é novo, que ten os seus defectos. Aínda que iso non me preocupa; de seguro o tempo algo resolverá e, se cadra, espero que sexa un referente económico e cultural, creando emprego, promovendo as empresas, as xentes, os artistas; falando de todo, do bo e do malo, dándolle a palabra a quén ten que ser, deixándonos de salsas rosas e outras caralladas que tanto gustan nas televisión nacionais.