DENDE FORA | O |
04 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.NON SEI se algúns políticos nos toman de cachondeo. Espero alomenos que non por parvos. Pasan as eleccións e chega a polémica. Un edil por aquí, un alcalde por acolá, un da Xunta por enriba, quizais alguén por abaixo, e volta a empezar cas inútiles discusións de sempre. Un Concello que non quere seguir ca recollida do lixo para a planta de Lousame, outro que prefire Cerceda, este que si é pola incineración, o outro pola compostaxe. E, en tanto, nós, os contribuíntes, ¿que facemos? Pois, coma sempre, seguir a esperar que toda esa xente se poña dacordo dunha puñetera vez, que recollan toda esa porquería e que nos solucionen este problema ¿ou qué?. E falando do lixo, sen información algunha, sen reunións para explicar qué facer, un día aparecen contedores de todos os colores, para que nós, o pobo, e eles, tamén só faltaría, nos poñamos a separar unhas cousas das outras. ¿Pero ónde tirar os aerosois? ¿e as bandexiñas brancas de polistireno onde ven a carne ou o peixe? Falo destes dous casos porque ambos son tóxicos cando se queiman, e difíciles de destroir, por non dicir imposibles de reciclar. Xa non quero falar das pinturas, dos augarrás, dos disolventes, que para iso en media Europa non se atopou solución.