Manuel Pérez foi o protagonista do acto celebrado na Pobra

La Voz

BARBANZA

18 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Tamén na Pobra o BNG quixo celebrar o Día da Galiza Martir cunha homenaxe, que tivo como protagonista a Manuel Pérez Becerra. Este veciño do Maño, tal e como explicou a voceira nacionalista, Rosana Pérez, traballaba no Concello pobrense no ano 36 e foi apresado polas tropas franquistas. Tralas intervencións do historiador Xosé Agrelo e do rexedor boirense, Xosé Deira, Rosana Pérez entregoulle ó sobriño do homenaxeado Justo Pérez Davila un libro de Alexandre Bóveda. A colocación dun ramo de flores na rúa co nome deste escritor pechou o acto.