Dous veciños que ocupaban cargos de concelleiros no 1936 descubriron o monumento Os membros do executivo destacaron o carácter humilde da homenaxeada
18 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.?un emotivo acto, o Concello de Boiro rendiu o domingo unha sentida homenaxe á que fora primeira concelleira da corporación local, Bríxida Muñiz Suárez. O acto consistiui no descubrimento dun monolito, ubicado na rotonda de Sestelo, co que o executivo quere lembrar a loita que esta veciña mantivo sempre a prol da democracia. Do descubrimento do monolito encargáronse dou dos que foran veciños de Bríxida Muñiz na corporación boirense do ano 1936, José Ramón Blanco e Marcelino Castro. O acto contou coa asistencia de tres sobriños da homenaxeada. Despois de que quedara á vista o monumento de granito no que figuran os nomes de tódolos ediles que integraban a corporación boirense da época, o rexedor local, Xosé Deira, lembrou os valores que caracterizaron a Bríxida Muñiz, entre os que destacou a súa humildad: «Foi unha persoa que sempre tratou de representar ós veciños e de defender os valores democráticos e de convivencia». O alcalde boirense tamén aproveitou para explicarlle ós presentes, preto de duascentas persoas, o significado do Día da Galiza Mártir, unha data na que se lembra o día no que foi fusilado Alexandre Bóveda. «Non pretendemos gardar rencor nin abrir feridas con este tipo de actos, senón que haxa constancia dos feitos que ocorreron», sinalou Deira. Tamén o independente Manuel Velo quixo lembrar o carácter de proximidade coa xente que sempre amosou a homenaxeada. De feito, o concelleiro sinalou que era coñecida por tódolos boirenses como a tía Bríxida, un tratamento que nas zonas rurais se lle concede a aquelas personas más cercanas e merecedoras de respecto. De pechar o acto do domingo encargouse o socialista Juan Jesús Ares, quen se referiu a Bríxida Muñiz como unha mártir, que sempre se esforzou por defender os intereses do pobo e hai quen dí que o pagou co prezo máis elevado, a morte.