Día da Patria

ALICIA FERNÁNDEZ

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

24 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

DICÍA O derradeiro venres un dirixente do BNG que o movemento nacionalista tan só existe nos pobos sen estado, polo que ser nacionalista español está fóra da realidade ou testo político-racional. Tamén que o nacionalismo é o único baluarte de resistencia frontal á actual globalización neoliberal. Postos nesta tesitura lémbrome dun debate de La Clave sobre touros, no que un defensor dos mesmos, nun intre de misticismo, chegou a propoñerlle a unha compañeira de posición senón comparaba a sensación de ver un bó Manolete ca de facer o amor. A contestación foi instantánea da muller: ¡Hombre no, tanto no! No día que se honra á Patria Galega -uns máis, outros menos e algúns nada- é axeitado poñer de manifesto a sensación de moitos galegos no senso de que si ben PP e PSOE manteñen en Galicia unha actitude moitas veces servil cos seus intereses estatais o BNG, cando menos o seu núcleo forte, mantén unha idea nacionalista excluinte e de confrontación. Unha mágoa porque cada día é máis patente a necesidade da defensa común dos nosos intereses sociais, culturais e tamén económicos. En contra de ninguén. A prol de Galicia e os galegos de nacemento e tamén de sentimento.