O futuro do sector pesqueiro

X.R. ALVITE

BARBANZA

DENDE FORA | O |

14 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

FAI XUSTAMENTE dous anos que este mesmo xornal facía público un estudio feito entre estudiantes de ESO do municipio de Ribeira no que se lles preguntaban diversas cuestións relacionadas co seu futuro laboral. Pois ben, a maioría, e esa era a principal conclusión, vían maiores saídas profesionais no turismo que no mar. Daquela só dous de 313 alumnos enquisados mostraron o seu desexo de ser mariñeiros mentres que a maioría optaba por diversas ramas relacionadas co turismo e a hostelería. Hoxe, dous anos e un Prestige despóis, vése que estes mozos daquela, non andaban moi desencamiñados. O sector pesqueiro e marisqueiro non atravesa o seu mellor momento mentres que o turismo cada día ten maior importancia. O informe que anualmente publica La Caixa califica a Ribeira como un dos concellos da zona cun maior potencial turístico. Supoño que hoxe en día no instituto de Coroso, onde se fixera daquela esta enquisa, haberá poucos ou ningún mozo que queiran ser mariñeiros. O peor é que a alternativa é a emigración cara outros lados. O futuro é incerto, eso está claro, aínda que para uns máis que para outros.