DESDE FUERA | O |
28 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A ESPECULACIÓN. É unha constante no ser humano, adiviñar, anteporse e profesar esa cualidade dos deuses para controlar as claves. O destino. Os malabaristas neste trapecio non o teñen doado, aínda máis, o dar chegado ó punto final e entrar no Olimpo. O pasado día 25, moitas voces anunciaban un estrepitoso caos no Partido Popular. ¿Motivos? Si. Suporíase que os había abondo... A guerra, o Prestige , a folga xeral. Certamente son estas cuestións máis que importantes para adiviñar un panorama negro na formación popular. Sen embargo, aí están os resultados (perderon votos). Con todo, demostraron que manteñen unha estructura férrea con fortes amarres sociais que resiste. Na comarca do Barbanza. Partido Socialista e BNG. Non foron quen de respostar ás expectativas creadas. Salvo Boiro, onde os populares viron menguadas as súas forzas, pola contra, fixéronse co Concello de Noia, onde acadaron a maioría absoluta. ¿A dereita de Fraga Iribarne será por sempre eterna? Pode que o voto dos concellos non sexa ideolóxico. Que as esquerdas non atinen coa maioría do pensamento social... ¿Cal será entón a clave?