A alcaldable nacionalista defende a necesidade de cambiar o xeito de gobernar o concello
08 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Dominga Brión, número un do BNG de Ribeira, compaxina tres facetas polas que demostra sentir paixón: a maternidade, a súa profesión de mestra e o seu traballo no concello, dende onde quere cambiar o xeito de gobernar deste concello. -A lectura, pasear e viaxar. -¿Que libro está a ler? - Memoria para Xoana , de Marica Campo. -¿Que fai na política? -Hai momentos na vida no que hai que comprometerse. -Unha razón pola que estaría disposta a deixalo. -A familia. -¿Que lle resulta máis doado: as clases, os mítins ou os plenos? -Á docencia estou habituada e en canto á política, prefiro un pleno a un mitin. -¿Un día feliz...? -Cando naceu a miña filla. -¿E o máis duro? -Non sabería dicir. -Unha realidade que queira cambiar de Ribeira. -O xeito actual de gobernar. -Un desexo para a vila. -Cambiar ese xeito. -Algún vicio confesable. -Os poucos que teño son todos inconfesables. -Un político que no lle guste. -Manuel Fraga. -E un que admire. -Sen dúbida, Castelao.