03 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
?olo serán, despois da intervención de Luis García Tosar, que falou sobre a vinculación do vate Antón Avilés coa revista Dorna, tivo lugar unha mesa redonda onde participaron a poeta María do Carmo Kruckenberg, a catedrática de Literatura Galega Blanca Roig Rechou, o profesor Xosé Agrelo, autor de Aproximación didáctica a Avilés de Taramancos , e Pilar Sampedro. No acto debatiuse acerca do compromiso que debe asumir todo escritor que se exprese nunha lingua minoritaria: unha postura sostida xa desde xove polo bardo noiés, e que sostivo ata a súa morte.