| O |
14 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.MANUEL VELO deu onte o primeiro paso cara a presentación desa lista independente que, polo que se percibe, non deixa indiferente a ninguén. É máis, semella que os seus contrincantes políticos de Boiro, todos eles sen excepción, non as teñen todas consigo, máxime despois de dicir que estaría disposto a pactar hasta con Jesús Alonso. Ata que se saiban os resultados electorais todo son cábalas, conxeturas e aproximacións en forma de sondeos, pero non parece descabelado pensar que a lista de Manuel Velo pode desequilibrar a balanza prevista de votos.