Río Breiro

MAR DOPICO

BARBANZA

ERA VISTO

29 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

O BNG de Boiro ten feito moitas denuncias públicas sobre a degradación do río Breiro, esixíndolle ó Concello una actuación para evitar que a ferida fose a máis. O executivo presentou onte un anteproxecto que sobrepasa a simple limpeza do cauce, xa que inclúe un paseo fluvial, zonas verdes e de equipamento. Está ben tanta ambición, pero agora aínda hai que xuntar os cartiños.