A educación ante todo

BARBANZA

A PRINCIPIOS de semana entraba en vigor nalgunhas comunidades a chamada lei antibotellón que supostamente servirá para diminuir o consumo de alcol entre os mozos e evitar que este se faga nas rúas. Como pasa sempre neste tipo de cousa,s hai posturas encontradas entre os que a defenden e os que non. Os primeiros esperan poder durmir tranquilamente ou non ter que aguantar o lixo do día despois, mentras que os detractores cuestionan o resultado dunha norma excesivamente restrictiva e que non ofrece alternativas. Chega con ir un fin de semana a Noia, Boiro ou Pobra para darse conta que o de consumir alcol nas rúas non se vai acabar, a tenor da xente que o practica dunha forma habitual. Haxa lei ou non, o que non se pode plantexar é ir contra o mundo a base de prohibir. Nunha reportaxe aparecía un rapaz dicindo que a partir de agora sería máis divertido porque levaría engadido o feito de ter que escapar da policía. A Administración insiste en que a educación o é todo, en que ninguén nace cocainómano, nin borracho, nin pastilleiro. Pois eso, aplíquense o seu propio conto e gasten o diñeiro en educar que seguro lles será á larga máis rendible.