Torres Colomer compartiu o agasallo das asociacións ribeirenses con tódalas persoas que o apoian e traballan ó seu carón O recoñecemento público tributado por 76 asociacións ribeirenses ó alcalde e presidente da Deputación de A Coruña, José Luis Torres Colomer, foi un emotivo acto no que o agasallado recibiu parabéns e felicitacións pola súa labor social, deportiva e cultural. Compartindo ese especial momento, Torres tivo ó seu carón á súa muller e ós seus tres fillos, ademais de ó presidente Manuel Fraga, a parlamentarios tanto nacionais como galegos e a delegados da Xunta. O rexedor compartiu os regalos cas persoas que o apoian e traballan ó seu carón en distintos eidos e brindoulle o acto a seu pai, «que está alá no outro mundo», dixo como colofón.
24 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.José Luis Torres Colomer asegurou que o monolito colocado na praza do Concello servirá para que cada vez que pase por ela, ben como alcalde ou como simple cidadán, «me acorde de todos vós e saberei que teño que facer ca xente que me apoia». En canto ó busto de bronce, afirmou que na súa sombra poderá ver os seus defectos «e poderei correxilos». As súas verbas, pronunciadas case ó remate do almorzo, foron de agradecimento para todos, presentes e ausentes, cos que tamén quixo compartir o recoñecemento. O inicio do seu discurso foi precedido por una larga ovación e, en varias ocasións, Torres Colomer tivo que deixar de falar porque os aplausos impedían que se escoitase a súa voz, pese a que na carpa había instalado un potente equipo de megafonía. Incluso, durante o almorzo varias persoas se achegaron ata a mesa presidencial para mostrarlle o seu afecto e tamén para saudar a Manuel Fraga e ó resto das autoridades. A xornada desenrolouse nun ambiente de cordialidade e distensión e os organizadores non dubidaron en falar de éxito.