A presentación do libro de Ventoso Mariño e Carmela Queijeiro rexistrou un cheo en Ribeira Poucas veces se consiguen cheos na presentación dun libro, e a clave pudo estar na coincidencia que Ventoso Mariño puxo enriba da mesa: «Non é este un libro de dous, senón de tres». Referiase a el mesmo, que o escribiu, a Carmela Queijeiro, que puxo a fotografía; e á Deputación da Coruña e o seu presidente, José Luis Torres, que asumiu a súa edición, o que permitirá que o volume chegue á xente do mar, do contrario, o custe da súa encadernación e o interese comercial alonxaríano de calquera modesta biblioteca.
11 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Aludeu Carlos García Bayón, na presentación do libro, á pasaxe evanxélica de San Xoán que di que no principio foi o verbo, e chegou ó remate da súa intervención poñendo en disputa ós dous autores de A xenta da ría , plantexando: «Ventoso afirma que el principio fue el agua; Carmela cree que fue la luz... Que ellos resuelvan la clave». Referíase o cronista oficial de Ribeira á intervención de ambos na publicación, pero especialmente á vinculación de cada un co seu cometido. Do escritor lembrou cal foi a súa alianza co mar. Con só 16 anos, afectado pola polio, un día sacou a roupa na praia de Coroso, puxo o calzón de bano e tirouse á auga. Transcorridas doce horas nadando, chegou a Vilagarcía: «Desde aquel día fueron amigos -sinalou Bayón- y amantes». Da autora das imaxes que adornan o libro, Carmela Queiijeiro, fotógrafa de La Voz de Galicia, manifestou que tralos pasos de Ventoso, enlazando as metáforas ía Carmela: «Con su cámara cazando, plasmando cada uno de los versos de José Antonio. Con justicia y honestidad digo que tiene una pupila exquisita. ¡Cómo mira, cómo mira los enfoques, los paisajes, el instante fúlgido que queda retratado. Puedes estar satisfecho -dixo a Ventoso Mariño- porque ha completado la belleza de este libro». Para rematar a intervención, que xerou grandes loubanzas entre a asistencia, bendeciu a obra cal crego: «En este instante, bautizo este libro, en el nombre del Padre, del Hijo...».