Mostras de Garita e Valle¿Inclán amosarán ós veciños como era a vila a comezos do século pasado Aproveitando a conmemoración do Día das Letras Galegas, o departamento de Cultura pobrense deseñou un extenso programa de actividades para este mes, no que destacan dúas exposicións que lles permitirán ós veciños coñecer como era a vila a comezos do século pasado. Unha delas está integrada por fotos de Garita cedidas por particulares e a outra, «Valle¿Inclán y su tiempo», foille cedida ó museo pobrense polo Ministerio de Cultura. A súa apertura coincidirá coa inauguración dunha nova sala de exposicións.
03 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.A programación deseñada pola área de Cultura pobrense comezará o vindiero mércores, coa inauguración da exposición de fotografías de Simón Balvís Cartafol do Barbanza , que permacecerá aberta na Casa Mariñeira. As instantáneas que integran esta mostra son tamén as que ilustran o libro Cartafol do Barbanzan. Viaxe polo cuadrante das sereas , que o seu autor, Antón Riveiro Coello, presentará no auditorio do museo pobrense o día 20. Previamente, o 14, terá lugar unha sesión de contacontos na biblioteca Victoriano García Martí. En relación con estas actividades, o concelleiro de Cultura, Antonio González, explicou que dende o 13 ata o 21 varios monitores percorrerán tódolos colexios do municipio para potenciar o hábito da lectura entre os cativos. Entre as actividades a desenvolver este mes na vila pobrense figura tamén unha conferencia sobre Martín Sarmiento, que impartirá o día 15, ás oito e media do serán, o mestre Xosé Luis Barreiro. Todos aqueles que acudan a esta charla serán obsequiados cun libro que o ponente escribiu sobre o escritor ó que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Antonio González destacou tamén que está a xestionar a consecución dun orixinal de Sarmiento para expoñer no museo Valle¿Inclán. As actuacións musicais tamén forman parte deste programa cultural. O 16, o Sexteto na rúa ofrecerá un concerto no auditorio, mentres que ó día seguinte será o grupo de danzas Caramiñas o que actúe nos xardíns Valle¿Inclán. Esta xornada concluirá coa representación da obra Humorada galega , a cargo do taller de teatro Bradomín. A apertura da mostra Valle¿Inclán y su tiempo terá lugar o día 24, ás oito e media do serán, e coincidirá coa inauguración da sala de exposicións permanente, á que está previsto que acuda o conselleiro de Presidencia. Completa o programa a apertura da mostra de fotografías de Garita, o día 30, no museo. Integran esta colección unhas cen instantáneas da vila, realizadas entre 1900 e 1936. Ademais, tódolos sábados do mes, proxectarase no auditorio un filme en galego adicado ó público infantil.